miércoles, 7 de julio de 2010

Maradona e Arxentina gripada

Comezou o corpo técnico arxentino con sorpresa, recomendando aos xogadores levar as parelhas e compartir cuarto con elas. Logo do primeiro partido, despois de tantas ocasións marradas declarou «parece que nuestros pibes no querían meterla»…

Saíu Pelé, o primeiro xogador profesional (o derradeiro, tal vez Garrincha) acusando ao D10Z de estar aí por cartos... Maradona mandou-no a un Museo. Platini despois ironizou con que fora moi bo xogador (a pregunta de qué tal entrenador lhe parecía). Maradona marcou distancias, aínda que despois aclarasen o tema (non con Pelé...). O certo é que Platiní ten razón, e non só era "un bo xogador". Como recolhe o portal http://www.todomaradona.com/ tamén dixera que o que fai Zidane co balón é capaz Maradona cumha laranxa.


Del Bosque seguiu coa teima... el tamén é bo tipo, pero algo pesado con chamar-lhe SEX a CESC. Ninguén lho explicou? De Francisco = Francesc = FranCESC... pois nada, así todo o Mundial, será para que non digan os ingleses, tan dados a titulares un tanto baleiros "Spain doesn't have SEX at the World Cup".

Pero como entrenador, Maradona empezou sendo criticado, pasou a eliminatoria con moitos problemas, chegou cun equipo que recibira 6 goles de Bolivia, que perdera con Paraguai, cun xogo pobre, a un dos grandes espectáculos, sendo a quinta ou sexta selección do Mundo (con permiso de Ghana).



Todos temos o instinto de sentir en certo momento "Ésa paraba-a eu". "Ésa metia-a eu"... Pero en Maradona iso debeu de ferver todo o campeonato. Moitos excusaron-se das críticas como entrenador xusto antes do partido contra Alemania. Aí Messi xogou con gripe. Esa división ou desconexión tan criticada no centro do campo esperaba-se que a resolvese a triple·M: Maxi, Mascherano e sobretodo Messi se estivese ao 100%. O D10Z ou Ronaldinho nos bos tempos podían facer esas cabalgabas desde atrás. Como numha traxedia nacional os arxentinos vian como Alemania metía goles xusto antes do cambio preparado. Non ganharon, pero conseguiron deixar as rúas así:


... e así:

e recibí-los así: (link)

No hay comentarios:

Publicar un comentario