martes, 29 de junio de 2010

PORTADAS



PROBA :

NY POST é dos 10 diarios máis lidos. Tamén o Marca!

PORTADAS:
· Despois de empatar con Inglaterra no primeiro partido, titulan: Ganhamos, 1-1. A explicación foi que se trataba dumha homenaxe "may have been inspired by the famous headline from a Harvard paper when they “beat” Yale 29-29".

· Ao seren eliminados por Ghana, portada "stupid game": «De todos xeitos, é un xogo estúpido».

MARCA: De "Los mejores del Mundo" a "Cura de humildad", e de novo a "Somos los mejores".

Claro, tamén estivo isto.

Portada inglesa da derrota contra Suiza: ToBLEROWNED.


Outra.


Cagadas marca… falsche = equivocado traducido como falsificado. Sacaron a polémica por mala traducción de que Özil tinha pasaporte falso, cando o que dixera o entrenador de Rusia é que escolhera mal o pasaporte... vamos, que oxalá xogase para eles.


O máis lido!

domingo, 27 de junio de 2010

WAKA



Cando vin o video de Shakira, a minha moza dixo que xa escoitara esa música facía anos, en Venezuela... O que fai a memoria! seguramente eu tamén, pois «El negro no puede» (*) non soou o que se di pouco. ... Así como lanzaron o himno da FIFA, saíron páxinas de todo o mundo como ésta acusando-a de plaxio, ou ésta dicindo que Wilfredo Vargas a demandaría por non-sei-cantos M$, o que negou rápidamente "ambos tomamos la misma fuente".

O retrouso do Mundial «Waka waka» soa desde hai anos en toda África, os soldados de Camerún xa a usaban de Ay Carmela particular na IIGM. A FIFA, tan dilixente coma a SGAE para certas cousas, explicou moi mal a orixe do himno, sobre todo logo de que moitas voces en África dixeran que a colombiana de apelido Ripoll nos os representaba. Máis ou menos a Shakira dixo algo como "a mí plin, que ganamos por tercera consecutiva.".

O rapacinho liberiano de arriba e este video de DJ Awadi saquei-nos do blog do WFMU onde fan umha pesquisa case de detectives para descubrir a orixe do Waka·waka.



Zamina mina he he / Waka Waka ee e
Zamina mina zaaangaléwa / Ana wam a a
yango e e / yango ee e
Zamina mina zaaangaléwa
Ana wam a a


Traducción:
Vinde, vinde eh eh / ti o fas, eh eh
Vinde, vinde / quén te chamou?/ si, sou eu,
espera eh eh / espera eh eh
Vinde, vinde / quén te chamou?
si, sou eu…


(*) El negro no puede:

lunes, 21 de junio de 2010

Inauguración Mandela



Neste Mundial quedei coas ganas de continuarmos os proxectos de Rebumbio e FutbolGalego. Eramos dúas ducias de colaboradores que sacamos adiante un portal con moitas visitas diarias, tal vez o medio galego que melhor (ou con máis profusión) cubrimos o evento, con xente a escribir desde varios dos países participantes -de Portugal a Xapón-. Tamén foramos ver partidos da selección galega, cubrindo algún partido de básquet, e saíran cousas divertidas. Cando poida subo algúns artigos de Alemania 2006. Acabo de ver a inauguración pola tele, e vin que o meu pequecho nen pestanexaba... deron-me ganas de sacar este blog, a ver que sae!



O neno a querer colher o cadro que trouxo o avó de África nos 70s.-Sae na foto o floco de neve do Nadal que tivemos que indultar, de tan flipado que se queda con el o pequerrecho-.

Hai pouco vin a uns artesanos na TV facendo uns cadros moi parecidos. Daquela acababa de ser a movida de 1976 e polas rúas de Durban ía meu pai cos companheiros do barco, negros de Mozambique, e todos os brancos se apartaban deles.


LINK DA INAUGURACIÓN. GARY LINEKER NA BBC.


Mandela day

Concerto BB King e Sombr: 46664, día encarceración.


Mandela bisneta. Descoordinación d Marca na portada > Celébrelo con Codorniu.