domingo, 27 de junio de 2010

WAKA



Cando vin o video de Shakira, a minha moza dixo que xa escoitara esa música facía anos, en Venezuela... O que fai a memoria! seguramente eu tamén, pois «El negro no puede» (*) non soou o que se di pouco. ... Así como lanzaron o himno da FIFA, saíron páxinas de todo o mundo como ésta acusando-a de plaxio, ou ésta dicindo que Wilfredo Vargas a demandaría por non-sei-cantos M$, o que negou rápidamente "ambos tomamos la misma fuente".

O retrouso do Mundial «Waka waka» soa desde hai anos en toda África, os soldados de Camerún xa a usaban de Ay Carmela particular na IIGM. A FIFA, tan dilixente coma a SGAE para certas cousas, explicou moi mal a orixe do himno, sobre todo logo de que moitas voces en África dixeran que a colombiana de apelido Ripoll nos os representaba. Máis ou menos a Shakira dixo algo como "a mí plin, que ganamos por tercera consecutiva.".

O rapacinho liberiano de arriba e este video de DJ Awadi saquei-nos do blog do WFMU onde fan umha pesquisa case de detectives para descubrir a orixe do Waka·waka.



Zamina mina he he / Waka Waka ee e
Zamina mina zaaangaléwa / Ana wam a a
yango e e / yango ee e
Zamina mina zaaangaléwa
Ana wam a a


Traducción:
Vinde, vinde eh eh / ti o fas, eh eh
Vinde, vinde / quén te chamou?/ si, sou eu,
espera eh eh / espera eh eh
Vinde, vinde / quén te chamou?
si, sou eu…


(*) El negro no puede:

No hay comentarios:

Publicar un comentario