domingo, 11 de julio de 2010

Mandela homenaxeado na Final



Vía http://www.monikamdq.com.ar/2010/07/momento-emocionante-del-final-la-copa.html

Festa da Roxa na Arousa



Si... hoxe é a I Festa da Ameixa Roxa.

Previsto hai meses, no verán as fins de semana arousanas contan-se por festas, e salvo as patronais do Carme, as demáis van ligadas ao financiamento dos clubes deportivos: o Céltiga de futbol, o clube de baloncesto Dorna, o clube Illa de Arousa de piragüismo, xadrez, etc. Festas do Mexilhón, da Navalha, do Polbo, «Festa do Mar»....

Agora a Festa da Roxa ou Encarnada, neste caso os beneficios irán para a ximnasia rítmica. Integrado por un cento de raparigas, e umha década de historia, o clube acadou diversos premios galegos (catro titulos no último campeonato autonómico), e é o único clube galego que saíu a competicións do resto do estado (Valencia, Ovieu, Zaragoza, Huelva...).

A festa é no paseo marítimo do Xufre, ofrece prezos por ración entre os tres e nove euros, con ameixas preparadas de catro xeitos, e outros productos como zamburinhas, sardinhas, etc.

Bo proveito!

miércoles, 7 de julio de 2010

Camisetas e estadios



Hai uns anos fun pedir umha camiseta do Céltiga, para Manu Chao que tocaba polos arredores, e dixeran-me os da directiva que as tinhan contadas, que non podían… despois aínda dixeran “Manuchao... Se aínda fora Chenoa…!”.

Os balóns do clube tamén están moi xustos, claro, tendo en conta que o campo está na beira do mar, tamén se entende. E é que hai que mirar polo de un. Cando fora xogar un torneo amistoso alevín -ou como fose o nome daquela- de basket a Vilagarcía, ao pouco de abrir a ponte, quixera intercambiar a camiseta cun xogador do outro equipo... pero xa me explicou o entrenador que non era un partido TAN importante. A minha deportividade non quería incluir outro xesto de xenerosidade inesperada: deixara-lhe un balón novo-flamante a un amigo, que lho prestou a outro colega, que ... ao final foi parar aos carros de balóns do torneo. Tivera razón meu pai que me dixera "non che vai durar dous días". Durou-me un.

No estadio da foto, tamén á beira do mar, deben ter bastantes balóns de reposto. A foto é dumha entrada sobre umha ducia de estadios extranos. Un dos máis espectaculares e máis caros é o de Braga, construido para a Eurocopa de Portugal. Máis que o traspaso de CR9. Para o Mundial de Sudáfrica construiron-se estadios novos, algúns van ser difíciles de reutilizar, e han precisar dalgúns milhóns de euros só en mantenemento. Umhas cantas cidades da cultura... Veremos en perspectiva a qué leva ese gasto e se contribúe a que tanta xente do país deixe de vivir en ghettos, etc.

Antes do partido contra Paraguai saía Fernando Llorente dicindo que estaba preocupado polas inxustizas, que cambiaría iso… así en xeral, mentras botaba un pinball no portátil. Xustiza pinballiana na súa tableta? Ou xustiza que se aplica ao campo? Ao gol de Villa? Estaba a pensar nos hospitais, ou en que se construi-se un novo estadio por 200 milhóns de euros numha das poucas cidades de Sudáfrica que xa contaba con instalacións axeitadas?... Misterio.





«Me gustaría que la selección tuviera un nombre, una identidad. Igual que Brasil es la canarinha o Argentina la albiceleste, me gustaría que España fuera La Roja» dixo Luis Aragonés despois do Mundial de Alemania.

A xogada saíu-lhe ben, e agora en todos lados o din coma se for de toda a vida, sobre todo desde a Eurocopa e coincidindo coa imaxe corporativa de cuatro.

Espanha levou a camiseta roxa case toda a vida... Na Eurocopa do 64 contra Rusia vestiron de azul, por ser a suplente, e ademáis os rusos daquela eran os roxos completos. Mesmo "ruso" era un povo indoeuropeo de peliroxos que andaban por Moscova... Como para discutir-lhe a cor.
Pero nun tempo despois da Guerra Civil cambiaron a cor da camiseta a branca, e despois a azul. Aínda hoxe a segunda equipación soe ser dumha desas cores. Casualmente tamén o Barça xogaba con camiseta branca suplente ate o asunto Di Stefano, que ficou tachada para os culés.

O caso é que algún lhe debeu facer ver a Franco que iso de cambiar a camiseta para que non fose "la roja" era un pouco raro. Había que mudar a bandeira tamén? En vista de que aos tomates tampouco se podía cambiar a cor, optaron por non identificar todo o vermelho co enimigo. E é que ás veces a realidade impon-se. Cando os nazis pediron listas a Franco de xudeos, dixeron que si, pero que para eles era umha cuestión de relixión e non de raza. Sobretodo porque igual terían que cargar-se á metade do rexime.

De todos xeitos, aínda hai medios irritados co nome da camiseta, e non por lho quitar a Chile, senon porque debía ser "rojigualda".

Alemania, o equipo máis mestizo do Mundial

Dicía Eduardo Galeano, falando das seleccións, que a mestizaxe é boa no futbol e na vida. A Francia do 98 era un exemplo de diversidade... cando ía ben, claro. Despois deste Mundial, algúns aproveitaron para dicir que por esa mestizaxe tinhan intereses diversos e por iso non se entendían (cita *link).

Hoxe hai varias seleccións mestizas, e concretamente as semifinalistas son bastante: a holandesa, a uruguaia ... a espanhola... Si, tamén; desde logo aí xogan filhos de asturianos, vascos, cataláns, andaluces ou canarios, e algún de galegos -posibelmente máis en Uruguai-.



Apostaría a que a maioría fala entre si en castelán, pero tamén hai falantes de euskera, catalán e asturiano. Non sei se dá para conformar umha estratexia, coma os paraguaios en guaraní, ou os do Athletic a quenes Caparrós insiste para falaren vasco.

En todo caso parece que a selección máis diversa en orixes é a teutona, con 11 xogadores filhos de extranxeiros ou que eles mesmos naceron fóra de territorio teutón: Mario Gómez do Bayern Munich ten aos avós en Granada, Dennis Aogo, do Hamburgo SV, é de orixe nixeriana, Jerome Boateng (tamén do Hamburgo SV) en Ghana, Cacau (VfB Stuttgart) do Brasil, Mesut Özil (Werder Bremen) e Serdar Tasci (VfB Stuttgart) de Turquía, Miroslav Klose (Bayern Múnich), Piotr Trochowski (Hamburgo SV)Polonia) e Lukas Podolski (FC Colonia) de Polonia, Sami Khedira (VfB Stuttgart) de Túnez, e Marko Marin (Werder Bremen) de Bosnia-Herzegovina.

Uruguai está fóra da final. Daí deducimos varias cousas:


• Que a débeda universal da man de Luis Suárez está saldada. Cando menos respecto ao futbol (outra cousa será respecto a Ghana). Paulo Coelho e outros deixon escrito que a Francia lhe pasou o que lhe pasou no Mundial porque a cousa xa vinha de atrás. As meigas irlandesas fixeron o seu trabalho… Dará, se non tardan moito en xogar un amistoso, umha boa foto o próximo Francia-Uruguai, no saúdo inicial con Henry e Luis Suárez dando-se a man.

• Hai que quere deducir que Mick Jagger torceu para Uruguai… Mick Jagger CAN GET NO SATISFACTION. Así é... Vai desgrazando aos equipos que apoia en Sudáfrica; a que foi moza súa, a modelo brasileira Luciana Gimenes dixo antes do Brasil-Holanda que Mick Jagger leva mala sorte aos equipos que apoia (claro que iso vindo da ex, igual é de mala-fe, coma os que o din de ZP mencionando só os casos que interesan)
O certo nesta fase final é que pasara con Inglaterra e con USA, xunto a Bill Clinton. O cantante, que ten un filho brasileiro (el mesmo dixo que ten máis filhos que Romario e Fernando Lugo xuntos) presenciou o partido no palco: perdeu Brasil. Despois diso decidiu apoiar a Arxentina, e os charrúas pediron-lhe que non apoiase a Uruguai, por pouco pasan, pero…

• Tamén que na conta particular de mundiais, Europa leva 10 contando éste, e América 9. Uruguai quedou fóra, con pundonor e moita permisividade hacia os holandeses do árbitro uzbeco. Uruguai non está na final, pero quén está? Holanda? Países Baixos? A ONU recomenda desde hai 60 anos usar o topónimo orixinario no que sexa posíbel. Neste caso:

1.- É algo así como chamar a parte polo todo. No Ulster pasa ao contrario: Holanda é rexión dos Países Baixos, e o Ulster ás veces é usado para Irlanda do Norte -comunidade autónoma (ou algo así) do «Reino Unido de Gran-Bretanha e Irlanda do Norte, tamén conhecido como UK». Hoxe 6 condados do Ulster son de UK, e 3 da Republica de Irlanda.
2.- Os Países Baixos (en neerlandés 'Nederland', literalmente «país baixo») é un país que conforma a maior parte do «Reino dos Países Baixos». As Holandas (do Norte e do Sur) son dúas das doce provincias neerlandesas.
3.- O idioma dos Países Baixos é "holandés" ou "neerlandés" e o xentilicio "neerlandés" ... é frecuente tamén o termo "holandés" para o conxunto; como vemos pode levar a confusión. En todo caso máis confusión provocaría "paisbaixense" ou "paisbaixés".
4.- O topónimo Holanda provén posibelmente do neerlandés antigo 'Hols Land' que significa... "País baixo".

Maradona e Arxentina gripada

Comezou o corpo técnico arxentino con sorpresa, recomendando aos xogadores levar as parelhas e compartir cuarto con elas. Logo do primeiro partido, despois de tantas ocasións marradas declarou «parece que nuestros pibes no querían meterla»…

Saíu Pelé, o primeiro xogador profesional (o derradeiro, tal vez Garrincha) acusando ao D10Z de estar aí por cartos... Maradona mandou-no a un Museo. Platini despois ironizou con que fora moi bo xogador (a pregunta de qué tal entrenador lhe parecía). Maradona marcou distancias, aínda que despois aclarasen o tema (non con Pelé...). O certo é que Platiní ten razón, e non só era "un bo xogador". Como recolhe o portal http://www.todomaradona.com/ tamén dixera que o que fai Zidane co balón é capaz Maradona cumha laranxa.


Del Bosque seguiu coa teima... el tamén é bo tipo, pero algo pesado con chamar-lhe SEX a CESC. Ninguén lho explicou? De Francisco = Francesc = FranCESC... pois nada, así todo o Mundial, será para que non digan os ingleses, tan dados a titulares un tanto baleiros "Spain doesn't have SEX at the World Cup".

Pero como entrenador, Maradona empezou sendo criticado, pasou a eliminatoria con moitos problemas, chegou cun equipo que recibira 6 goles de Bolivia, que perdera con Paraguai, cun xogo pobre, a un dos grandes espectáculos, sendo a quinta ou sexta selección do Mundo (con permiso de Ghana).



Todos temos o instinto de sentir en certo momento "Ésa paraba-a eu". "Ésa metia-a eu"... Pero en Maradona iso debeu de ferver todo o campeonato. Moitos excusaron-se das críticas como entrenador xusto antes do partido contra Alemania. Aí Messi xogou con gripe. Esa división ou desconexión tan criticada no centro do campo esperaba-se que a resolvese a triple·M: Maxi, Mascherano e sobretodo Messi se estivese ao 100%. O D10Z ou Ronaldinho nos bos tempos podían facer esas cabalgabas desde atrás. Como numha traxedia nacional os arxentinos vian como Alemania metía goles xusto antes do cambio preparado. Non ganharon, pero conseguiron deixar as rúas así:


... e así:

e recibí-los así: (link)

Economía e futbol mundial

PREV.-

Despois do tesouraso ("tijeretazo", en galego?) a busca do tesouraso (de gran tesouro). Cerca de 30 milhóns levará o Campeón do Mundo. Un estudio moi divulgado estes días di que a economía do país / estado / nación (or whatever) dos campeóns crece un 0'7% por efecto da victoria; pero a economía dos perdedores decrece arredor do 0'3%... e disque só houbo dúas excepcións: as veces que Holanda perdeu as finais, en 1974 e 1978....

Son só estadísticas? Como dixo un amigo, alguén con medio corpo a 56º e outro medio a 16º ten umha boa temperatura media... Circula por aí outro estudo que vincula aos camopeóns do Mundial de futbol con alta incidencia de Toxoplasmose.
Como dixo outro, no Vaticano hai dous Papas por metro cadrado (pois ten 1/2 km^2). Pero se a xente se convence de que o ganhar ao futbol é bo, pode acabar sendo-o.


A polémica das primas ten un certo matiz: Non son cartos públicos, senon da FIFA e patrocinadores, o que non pecha o debate sobre a financiación dos clubes, os traspasos e a burbulha do futbol. Sobre o tema chamaron a atención entre outros IU, BNG, ou a viguesa Carmela Silva, que ademáis de portavoz do PSOE no Senado é nai do sub-21 Iago Falqué, e exerce ademáis de política e seareira, de educadora. Non hai que esquecer que polas Xogos Olímpicos de Barcelona o Governo espanhol perdoara 36000000000 pts aos clubes, e hoxe deben eses cartos multiplicados por bastante.




Hostelería, 15% da economía galega hostelería.

Estudo SER, link Jackpot do Mundial.

ONG's, 0'7%. Haití, Chile...


*
El campeón cobrará de las arcas de la FIFA 30 millones de dólares, el subcampeón 24, el tercero 20 y el cuarto 18. Los equipos que se quedaron en la fase de grupos percibirán 8 millones de dólares cada uno. La FIFA otorgará la suma total de 420 millones de dólares a las asociaciones participantes, así como a los clubes de los jugadores, lo que supone un aumento del 61 por ciento en comparación con los 261 millones que se abonaron en el Mundial de Alemania 2006.

También hay prima de la RFEF
Las Federaciones nacionales destinan sus propios premios en metálico para sus jugadores, que en el caso de España se elevan a 600.000 euros si regresan con el título, según revelaron diversos grupos parlamentarios.
Bastante menos cobrarían los alemanes por conquistar la Copa FIFA: 250.000 euros.


LINK:

O Presidente francês, Nicolas Sarkozy, anulou um encontro agendado com organizações não-governamentais de desenvolvimento, antes da cimeira do G20, para receber o futebolista Thierry Henry.

A selecção francesa foi eliminada na primeira fase do Mundial 2010
(Foto: Charles Platiau/Reuters)

"Para o Presidente da República, receber um futebolista é mais importante do que a situação de 3000 milhões de pobres nos países em desenvolvimento. É um sinal muito mau para a política de cooperação da França", indignou-se Jean-Louis Vielajus, presidente da Coordenação do Sul, que agrega as organizações não-governamentais (ONG) francesas de solidariedade internacional.

Aquelas ONG recusaram a realização de uma reunião com membros do Governo em substituição da reunião prevista com o Presidente de França, que irá encontrar-se com Thierry Henry, um dos "capitães" da selecção gaulesa, eliminada do Mundial da África do Sul na primeira fase da competição.

As ONG foram inicialmente "convidadas pelo Presidente Nicolas Sarkozy para, às 11h00 de hoje [10h00 em Lisboa], debater as posições francesas no G8 e no G20", indicou Jean-Louis Vielajus.

Ontem, "foram informadas de que essa reunião se realizaria com o ministro dos Negócios Estrangeiros, Bernard Kouchner, e com o secretário de Estado da Cooperação, Alain Joyandet, porque a agenda do Presidente estava preenchida. Obviamente que os responsáveis das ONG aceitaram esta alteração", acrescentou.

"As ONG souberam depois que o Presidente Sarkozy iria receber Thierry Henry. Ao tomarem conhecimento dessa ordem de prioridades, as ONG de desenvolvimento decidiram não participar na reunião com os senhores Kouchner e Joyandet", sublinhou o presidente da Coordenação do Sul.

Nicolas Sarkozy presidiu ontem a uma reunião de trabalho sobre os problemas no seio da equipa francesa de futebol durante o Mundial 2010, com a presença do ministro responsável pelo Desporto, marcando a sua vontade de tomar em mãos o "dossier" do futebol francês

Spain, portadas e touros

Deste web, a foto da famosa bandeira do tremor en Chile foi aproveitada para anunciar o partido contra Espanha. O rapaz dixo que lhe parecera divertido, pero igualmente dixo que estaba en contra do toureo.

"Para mí eso es maltrato animal y debería estar prohibido", confesó. El dueño de la bandera también rió cuando la vio enfrentada a un toro, pero Daniel Marín luego reflexionó y se molesto un poco de que se use un símbolo de la catástrofe para echar la talla. El obrero también condena el maltrato animal, porque le da pena la cara de los toritos que son usados para la diversión de unos tontos.


Na prensa de varios países recorreron aos mesmos lugares comúns: nas de Chile, de Portugal, de Espanha, de Paraguai, de Alemania... O diario AS sacou en portada a imaxe dos xogadores de Espanha a celebrar o triunfo ante Portugal co texto "TOREROS" en portada. Curioso despois ver a varios dese xornal criticar e insultar á prensa catalana dicindo que as súas portadas son "integradoras". 3 de cada 4 espanhois non ten absolutamente ningún interese nas touradas. Máis de 8 de cada dez rapaces da idade dos xogadores da selección está en contra das corridas de touros. Menudo xeito de integrar. Un dos argumentos dos taurinos para soster as touradas é que as van ver os guiris. Moitos deles pensan que van ver o toureiro danzar arredor do touro, e saen asqueados do que acaban de ver. Claro que para un taurino vale un argumento e o contrario: Que eles din que non se fale da dor dos touros porque son animáis e non hai que personificar ... pero logo saturan-nos coa "nobleza del toro", etc. Que o touro non sofre dor, por un nivel de estrés que bloquea os transmisores... e sae o colexio de veterinarios ameazando denuncia? Nada, nada, que os cojones que ten o touro, que tanto lhe doe e aínda así embiste... e xa está.

Obituarios, morte física e resurreccións

Aos poucos días de comezar o Mundial deixou-nos José Saramago, o Nobel portugués e iberista (aínda que non vivía na Península Ibérica e seguramente tinha menos sangue íbera do que un latino de Honduras sangue do Imperio Romano). Era afecionado ao futbol -que tal vez desde Borges non está en guerra con ser literato- e a seleción xogou con brazalete negro, xesto que a súa filha agradeceu. O Vaticano non esperou a que enfriase o corpo para falar pestes del... Igual debían ser un pouco máis comedidos tendo en conta que ás veces tardan séculos en se desculpar. Será que tenhen moitos terabytes que non dan revisado a información. Estes días saíu a nova -non moi comentada- de que ao futbol xogaban os guaranís algún século antes que os ingleses, segundo documentos da Igrexa.

Un día despois de Saramago finou Manute Bol, o xigante do básquet dos oitenta, que tiraba triples medindo 2,30m. e tal vez foi o único da NBA en pór 4 tapóns na mesma xogada. Enfermou de viaxe por Sudán, o seu país (por certo comentara que un tío seu era aínda máis alto) que visitaba para construir escolas.



Descansen en Paz.



Como si fuéramos inmortales

Todos sabemos que nada ni nadie
habrá de ahorrarnos el final
sin embargo hay que vivir
como si fuéramos inmortales

Sabemos que los caballos y los perros
tienen las patas sobre la tierra
pero no es descartable que en una nochebuena
se lancen a volar

Sabemos que en una esquina no rosada
aguarda el ultimátum de la envidia
pero en definitiva será el tiempo el que diga
dónde es dónde y quién es quién

Sabemos que tras cada victoria
el enemigo regresa buscando más triunfos
y que volveremos a ser inexorablemente derrotados
vale decir que venceremos

Sabemos que el odio
viene lleno de imposturas
pero que las va a perder antes del diluvio
o después del carnaval

Sabemos que el hambre
está desnuda desde hace siglos
pero también que los saciados
responderán por los hambrientos

Sabemos que la melancolía
es un resplandor y sólo eso
pero a los melancólicos
nadie les quita lo bailado

Sabemos que los bondadosos
instalan cerrojos de seguridad
pero la bondad
suele escaparse por los tejados

Sabemos que los decididores
deciden como locos o miserables
y que mañana o pasado
alguien decidirá que no decidan

Sintetizando: todos sabemos que nada ni nadie
habrá de ahorrarnos el final
pero así y todo hay que vivir
como si fuéramos inmortales


Mario Bennedetti

Poeta Uruguaio



Aí vai o meu 'ramalho' de Saramagos.
Como se di por aquí, «era tan pobre que comía Saramagos».
Da wiki: O Saramago Maior ou Raíz Forte ten raízes apreciadas como condimento picante e ricas em vitamina C. Tém propiedades nutritivas e medicinais. As folhas também são comestíveis. É também utilizado na preparação de molhos e como sucedâneo do wasabi.





... E de resurreccións simbólicas neste Mundial, a ver cando podemos falar de Maradona.

Villa e as celebracións



Marca quixo polemizar sobre o incómodo que resultan as celebración de Villa como "pase torero" en Barcelona, e hai quen cuestiona a nova e critica ao diario madrilenho. Pouco antes os de As enrolaran a Torres na bandeira co logo de Osborne. O rapaz (vamos, Elninho) farfulhou algo sobre se ía quedar ben, con toda a polémica dos taurinos (-si, ya verás... ). Sen entrar no gusto da bandeira, a foto en si parece-me umha cagada, pero o fotógrafo estaba hyper-orgulhoso "-Ésta va a ser la polla, la polla!". Entrevistado Villa en Cuatro, dixo que non era taurino en absoluto, pero que prometera esa celebración.

Parece que Villa primeiro celebra os goles e logo cumple a promesa. O que non dixo é se iso era parte do contrato coa Macdonalds, da federación, ou se é umha homenaxe a Luis Enrique, tamén asturiano, sportinguista e culé. Ben visto, non se sabe ben se logo de marcar o de Tuilla está a facer non-sei-que-pase ou escanciando sidra. Clásica é xa a homenaxe de Iván Kaviedes no pasado Mundial, un de tantos fitos desde o innovador Milla bailando en Italia'90.

Algún outro xogador saíu en spots de hamburguesas, e Marca tamén se podía perguntar se ofenderá aos seareiros vexetarianos. Ou se Benzemá ou Pandiani son colegas de Heston e a NRA.

A algúns custa-lhes máis imaxinar a futbolistas, mesmo a calqueira deportista de élite que compita sendo vexetariano, que a umha banda de aliens, pero en realidade non é tan raro. Carl Lewis foi vexetariano estricto mentras competía, e de Edwin Moses a Stoudamire, de Navratilova a Viswanat Anand a lista de deportistas vexetarianos vai de Mr. Olympia a Iron-mans.

Tamén hai futbolistas vexetarianos, e de feito en tempo de competición todos son case-vexetarianos, pois a base nutritiva que melhor resultado dá segundo varios estudios son os hidratos de carbono, e básicamente a dieta combina pastas con ensalada e frutas. Claro que noutra banda están os charrúas, que despois das victorias daban conta dun asado uruguaio.

Vexetarianos tamén fóra da competición foron o futbolista escocés John Spencer, todo-campista da Premier, e pioneiro en Asia e na MLS (a NBA do soccer), ou Roberto Baggio, converso ao budismo desde que se recuperara da lesión, e actual embaixador da FAO. Tamén vexetariano, o canadiense Dwayne de Rosario, companheiro de De Guzman no Toronto da MLS, All-Star e fixo no 11 da selección canadiense, ten un orixinal xeito de celebrar os goles, coma umha garza bailando reagge. O que non sabemos é se ten as celebracións comprometidas.

Vuvuzela, annoying you since 1660


Vía Digg

... parece San Marcos, polo león?

Un Mundial moi familiar

BORRADOR:



· Disque na metade Sur de África xurdiu a Humanidade. Namibia reconhecida antes polos armadores galegos que polo governo de Madrid. Todos somos en certa maneira africanos. Durban 1976.
Link ceremonia apertura.

· Tres irmáns en Honduras, tres xeracións en México, Chicharito. O avó de Chicharito meteu tamén un gol a Francia no Mundial.; como Diego Forlán, é filho e neto de futbolistas, Xavi e Pichi Alonso, Busquets, Reina, etc. Gerard Piqué Bernabeu, neto do presidente do estadio do R. Madrid... Hai xogadores Fernández, Fernandos e Fernandes (Dito en Tele5, Paco Gzlez.: > ese tal Fernandes mejor que juegue, que es muy malo). Terá algo que ver o Robben co da ilha de Robben (*link a reserva da Biosfera) onde estivo preso Mandela? Xoga tamén o filho do entreinador en USA. O xenro de Maradona, Kun Agüero, e o seu 'filho' herdeiro Messi.... Cita Del Bosque. Link> resurrección de D10S.: link croata-galego. Italia mafia calcio Maradona 90. Poster 2006.

· Países coa nosa lingua. O mundial da OTI > Iberoamericanos. Galegos non xogamos, xogan-nos os familiares: desde a Espanha de Torres, e Villa (por aquilo de ‘primos-hermanos’), a Portugal, Brasil, Uruguai... Portugués-falantes no Mundial: Portugal, Brasil, Sudáfrica (un milhón > orixe angolana e mozambicana, portugués no afrikaans), Uruguai, Paraguai, Nixeria -colonia de escravos liberados do Brasil, Espanha (galego, 'a fala', Extremadura, etc).

· Mandela e bisneta; porque para nós Mandela é como un avó.

Link Asibonanga *


· "Hermanos", Mundial no festival de Moscú: Tamén o Chávez … como da familia, querendo torcer (linx): cambio de hora, cantos anos levamos…
Adán Chávez e Eva... " cuánto llevamos, 2000 años? R:- un poquito más..."


· O soccer da MLS xa comenta que o CR7/9 Jr vai ser seleccionable por USA. Entretanto, exhuman os restos de Bobby Fischer para proba de ADN, por reclamación de paternidade.


PREV2.-

Mimaaa

Futbol africano. Ghana non ghanou.


Prev. 1:

Era o mundial do futbol africano. A falta de Exipto ou Senegal, ían a pola sorpresa Sudáfrica que xogaba na casa, ou Alxeria, Camerún, Costa de Marfil, Nixeria ou Ghana -campeona do Mundial xuvenil, que xa impresionara no 2006... só lhes faltara puntería-.

O partido Corea do Sur- Nixeria foi chamado por un diario deportivo madrileño de "el partido de los frikis". Frikis?

En Arabia Saudita revocaran as decapitacións por causas como "practicar maxia" pouco antes do Mundial de Alemania > ver futbolgalego.net / rebumbio.; Alemania 2006.
Desde aquela un sudafricano anda a tentar demostrar que está vivo.

O relevo das represalias está en Somalia hoxe. Link nova: varios foron decapitados por ver o Mundial. Tamén a música está prohibida > Knaan somalí emigrado.

Represalias: Había quen pensaba na pobre familia do ghanés Gyan ... Porén chegaron cun gran recibimento, estilo Arxentina. Entre elas disputarían o 5º e 6º equipo do Mundial.

Nixeria é outro cantar. A pouco do Mundial estaban a baralhar liquidar a presos por overbookin' nos cárceres.

Nixeria perdeu polas galinhas que non deixaron pasar? Supersticións no futbol africano.

O presidente Nixeriano suspendeu a selección por dous anos, cousa que os deixaría fóra da Copa de África, e tamén da clasificación para o Mundial 2014. A FIFA ameazou ao governo nixeriano, e "tachán!" recuaron! Con qué os ameazaría? Como non os deixes xogar, non os deixamos xogar nós...? En fin. Escobar, Descanse en Paz.

Bulos da selección norcoreana > ir a artigo da prensa inglesa.