domingo, 11 de julio de 2010

Mandela homenaxeado na Final



Vía http://www.monikamdq.com.ar/2010/07/momento-emocionante-del-final-la-copa.html

Festa da Roxa na Arousa



Si... hoxe é a I Festa da Ameixa Roxa.

Previsto hai meses, no verán as fins de semana arousanas contan-se por festas, e salvo as patronais do Carme, as demáis van ligadas ao financiamento dos clubes deportivos: o Céltiga de futbol, o clube de baloncesto Dorna, o clube Illa de Arousa de piragüismo, xadrez, etc. Festas do Mexilhón, da Navalha, do Polbo, «Festa do Mar»....

Agora a Festa da Roxa ou Encarnada, neste caso os beneficios irán para a ximnasia rítmica. Integrado por un cento de raparigas, e umha década de historia, o clube acadou diversos premios galegos (catro titulos no último campeonato autonómico), e é o único clube galego que saíu a competicións do resto do estado (Valencia, Ovieu, Zaragoza, Huelva...).

A festa é no paseo marítimo do Xufre, ofrece prezos por ración entre os tres e nove euros, con ameixas preparadas de catro xeitos, e outros productos como zamburinhas, sardinhas, etc.

Bo proveito!

miércoles, 7 de julio de 2010

Camisetas e estadios



Hai uns anos fun pedir umha camiseta do Céltiga, para Manu Chao que tocaba polos arredores, e dixeran-me os da directiva que as tinhan contadas, que non podían… despois aínda dixeran “Manuchao... Se aínda fora Chenoa…!”.

Os balóns do clube tamén están moi xustos, claro, tendo en conta que o campo está na beira do mar, tamén se entende. E é que hai que mirar polo de un. Cando fora xogar un torneo amistoso alevín -ou como fose o nome daquela- de basket a Vilagarcía, ao pouco de abrir a ponte, quixera intercambiar a camiseta cun xogador do outro equipo... pero xa me explicou o entrenador que non era un partido TAN importante. A minha deportividade non quería incluir outro xesto de xenerosidade inesperada: deixara-lhe un balón novo-flamante a un amigo, que lho prestou a outro colega, que ... ao final foi parar aos carros de balóns do torneo. Tivera razón meu pai que me dixera "non che vai durar dous días". Durou-me un.

No estadio da foto, tamén á beira do mar, deben ter bastantes balóns de reposto. A foto é dumha entrada sobre umha ducia de estadios extranos. Un dos máis espectaculares e máis caros é o de Braga, construido para a Eurocopa de Portugal. Máis que o traspaso de CR9. Para o Mundial de Sudáfrica construiron-se estadios novos, algúns van ser difíciles de reutilizar, e han precisar dalgúns milhóns de euros só en mantenemento. Umhas cantas cidades da cultura... Veremos en perspectiva a qué leva ese gasto e se contribúe a que tanta xente do país deixe de vivir en ghettos, etc.

Antes do partido contra Paraguai saía Fernando Llorente dicindo que estaba preocupado polas inxustizas, que cambiaría iso… así en xeral, mentras botaba un pinball no portátil. Xustiza pinballiana na súa tableta? Ou xustiza que se aplica ao campo? Ao gol de Villa? Estaba a pensar nos hospitais, ou en que se construi-se un novo estadio por 200 milhóns de euros numha das poucas cidades de Sudáfrica que xa contaba con instalacións axeitadas?... Misterio.





«Me gustaría que la selección tuviera un nombre, una identidad. Igual que Brasil es la canarinha o Argentina la albiceleste, me gustaría que España fuera La Roja» dixo Luis Aragonés despois do Mundial de Alemania.

A xogada saíu-lhe ben, e agora en todos lados o din coma se for de toda a vida, sobre todo desde a Eurocopa e coincidindo coa imaxe corporativa de cuatro.

Espanha levou a camiseta roxa case toda a vida... Na Eurocopa do 64 contra Rusia vestiron de azul, por ser a suplente, e ademáis os rusos daquela eran os roxos completos. Mesmo "ruso" era un povo indoeuropeo de peliroxos que andaban por Moscova... Como para discutir-lhe a cor.
Pero nun tempo despois da Guerra Civil cambiaron a cor da camiseta a branca, e despois a azul. Aínda hoxe a segunda equipación soe ser dumha desas cores. Casualmente tamén o Barça xogaba con camiseta branca suplente ate o asunto Di Stefano, que ficou tachada para os culés.

O caso é que algún lhe debeu facer ver a Franco que iso de cambiar a camiseta para que non fose "la roja" era un pouco raro. Había que mudar a bandeira tamén? En vista de que aos tomates tampouco se podía cambiar a cor, optaron por non identificar todo o vermelho co enimigo. E é que ás veces a realidade impon-se. Cando os nazis pediron listas a Franco de xudeos, dixeron que si, pero que para eles era umha cuestión de relixión e non de raza. Sobretodo porque igual terían que cargar-se á metade do rexime.

De todos xeitos, aínda hai medios irritados co nome da camiseta, e non por lho quitar a Chile, senon porque debía ser "rojigualda".

Alemania, o equipo máis mestizo do Mundial

Dicía Eduardo Galeano, falando das seleccións, que a mestizaxe é boa no futbol e na vida. A Francia do 98 era un exemplo de diversidade... cando ía ben, claro. Despois deste Mundial, algúns aproveitaron para dicir que por esa mestizaxe tinhan intereses diversos e por iso non se entendían (cita *link).

Hoxe hai varias seleccións mestizas, e concretamente as semifinalistas son bastante: a holandesa, a uruguaia ... a espanhola... Si, tamén; desde logo aí xogan filhos de asturianos, vascos, cataláns, andaluces ou canarios, e algún de galegos -posibelmente máis en Uruguai-.



Apostaría a que a maioría fala entre si en castelán, pero tamén hai falantes de euskera, catalán e asturiano. Non sei se dá para conformar umha estratexia, coma os paraguaios en guaraní, ou os do Athletic a quenes Caparrós insiste para falaren vasco.

En todo caso parece que a selección máis diversa en orixes é a teutona, con 11 xogadores filhos de extranxeiros ou que eles mesmos naceron fóra de territorio teutón: Mario Gómez do Bayern Munich ten aos avós en Granada, Dennis Aogo, do Hamburgo SV, é de orixe nixeriana, Jerome Boateng (tamén do Hamburgo SV) en Ghana, Cacau (VfB Stuttgart) do Brasil, Mesut Özil (Werder Bremen) e Serdar Tasci (VfB Stuttgart) de Turquía, Miroslav Klose (Bayern Múnich), Piotr Trochowski (Hamburgo SV)Polonia) e Lukas Podolski (FC Colonia) de Polonia, Sami Khedira (VfB Stuttgart) de Túnez, e Marko Marin (Werder Bremen) de Bosnia-Herzegovina.

Uruguai está fóra da final. Daí deducimos varias cousas:


• Que a débeda universal da man de Luis Suárez está saldada. Cando menos respecto ao futbol (outra cousa será respecto a Ghana). Paulo Coelho e outros deixon escrito que a Francia lhe pasou o que lhe pasou no Mundial porque a cousa xa vinha de atrás. As meigas irlandesas fixeron o seu trabalho… Dará, se non tardan moito en xogar un amistoso, umha boa foto o próximo Francia-Uruguai, no saúdo inicial con Henry e Luis Suárez dando-se a man.

• Hai que quere deducir que Mick Jagger torceu para Uruguai… Mick Jagger CAN GET NO SATISFACTION. Así é... Vai desgrazando aos equipos que apoia en Sudáfrica; a que foi moza súa, a modelo brasileira Luciana Gimenes dixo antes do Brasil-Holanda que Mick Jagger leva mala sorte aos equipos que apoia (claro que iso vindo da ex, igual é de mala-fe, coma os que o din de ZP mencionando só os casos que interesan)
O certo nesta fase final é que pasara con Inglaterra e con USA, xunto a Bill Clinton. O cantante, que ten un filho brasileiro (el mesmo dixo que ten máis filhos que Romario e Fernando Lugo xuntos) presenciou o partido no palco: perdeu Brasil. Despois diso decidiu apoiar a Arxentina, e os charrúas pediron-lhe que non apoiase a Uruguai, por pouco pasan, pero…

• Tamén que na conta particular de mundiais, Europa leva 10 contando éste, e América 9. Uruguai quedou fóra, con pundonor e moita permisividade hacia os holandeses do árbitro uzbeco. Uruguai non está na final, pero quén está? Holanda? Países Baixos? A ONU recomenda desde hai 60 anos usar o topónimo orixinario no que sexa posíbel. Neste caso:

1.- É algo así como chamar a parte polo todo. No Ulster pasa ao contrario: Holanda é rexión dos Países Baixos, e o Ulster ás veces é usado para Irlanda do Norte -comunidade autónoma (ou algo así) do «Reino Unido de Gran-Bretanha e Irlanda do Norte, tamén conhecido como UK». Hoxe 6 condados do Ulster son de UK, e 3 da Republica de Irlanda.
2.- Os Países Baixos (en neerlandés 'Nederland', literalmente «país baixo») é un país que conforma a maior parte do «Reino dos Países Baixos». As Holandas (do Norte e do Sur) son dúas das doce provincias neerlandesas.
3.- O idioma dos Países Baixos é "holandés" ou "neerlandés" e o xentilicio "neerlandés" ... é frecuente tamén o termo "holandés" para o conxunto; como vemos pode levar a confusión. En todo caso máis confusión provocaría "paisbaixense" ou "paisbaixés".
4.- O topónimo Holanda provén posibelmente do neerlandés antigo 'Hols Land' que significa... "País baixo".

Maradona e Arxentina gripada

Comezou o corpo técnico arxentino con sorpresa, recomendando aos xogadores levar as parelhas e compartir cuarto con elas. Logo do primeiro partido, despois de tantas ocasións marradas declarou «parece que nuestros pibes no querían meterla»…

Saíu Pelé, o primeiro xogador profesional (o derradeiro, tal vez Garrincha) acusando ao D10Z de estar aí por cartos... Maradona mandou-no a un Museo. Platini despois ironizou con que fora moi bo xogador (a pregunta de qué tal entrenador lhe parecía). Maradona marcou distancias, aínda que despois aclarasen o tema (non con Pelé...). O certo é que Platiní ten razón, e non só era "un bo xogador". Como recolhe o portal http://www.todomaradona.com/ tamén dixera que o que fai Zidane co balón é capaz Maradona cumha laranxa.


Del Bosque seguiu coa teima... el tamén é bo tipo, pero algo pesado con chamar-lhe SEX a CESC. Ninguén lho explicou? De Francisco = Francesc = FranCESC... pois nada, así todo o Mundial, será para que non digan os ingleses, tan dados a titulares un tanto baleiros "Spain doesn't have SEX at the World Cup".

Pero como entrenador, Maradona empezou sendo criticado, pasou a eliminatoria con moitos problemas, chegou cun equipo que recibira 6 goles de Bolivia, que perdera con Paraguai, cun xogo pobre, a un dos grandes espectáculos, sendo a quinta ou sexta selección do Mundo (con permiso de Ghana).



Todos temos o instinto de sentir en certo momento "Ésa paraba-a eu". "Ésa metia-a eu"... Pero en Maradona iso debeu de ferver todo o campeonato. Moitos excusaron-se das críticas como entrenador xusto antes do partido contra Alemania. Aí Messi xogou con gripe. Esa división ou desconexión tan criticada no centro do campo esperaba-se que a resolvese a triple·M: Maxi, Mascherano e sobretodo Messi se estivese ao 100%. O D10Z ou Ronaldinho nos bos tempos podían facer esas cabalgabas desde atrás. Como numha traxedia nacional os arxentinos vian como Alemania metía goles xusto antes do cambio preparado. Non ganharon, pero conseguiron deixar as rúas así:


... e así:

e recibí-los así: (link)

Economía e futbol mundial

PREV.-

Despois do tesouraso ("tijeretazo", en galego?) a busca do tesouraso (de gran tesouro). Cerca de 30 milhóns levará o Campeón do Mundo. Un estudio moi divulgado estes días di que a economía do país / estado / nación (or whatever) dos campeóns crece un 0'7% por efecto da victoria; pero a economía dos perdedores decrece arredor do 0'3%... e disque só houbo dúas excepcións: as veces que Holanda perdeu as finais, en 1974 e 1978....

Son só estadísticas? Como dixo un amigo, alguén con medio corpo a 56º e outro medio a 16º ten umha boa temperatura media... Circula por aí outro estudo que vincula aos camopeóns do Mundial de futbol con alta incidencia de Toxoplasmose.
Como dixo outro, no Vaticano hai dous Papas por metro cadrado (pois ten 1/2 km^2). Pero se a xente se convence de que o ganhar ao futbol é bo, pode acabar sendo-o.


A polémica das primas ten un certo matiz: Non son cartos públicos, senon da FIFA e patrocinadores, o que non pecha o debate sobre a financiación dos clubes, os traspasos e a burbulha do futbol. Sobre o tema chamaron a atención entre outros IU, BNG, ou a viguesa Carmela Silva, que ademáis de portavoz do PSOE no Senado é nai do sub-21 Iago Falqué, e exerce ademáis de política e seareira, de educadora. Non hai que esquecer que polas Xogos Olímpicos de Barcelona o Governo espanhol perdoara 36000000000 pts aos clubes, e hoxe deben eses cartos multiplicados por bastante.




Hostelería, 15% da economía galega hostelería.

Estudo SER, link Jackpot do Mundial.

ONG's, 0'7%. Haití, Chile...


*
El campeón cobrará de las arcas de la FIFA 30 millones de dólares, el subcampeón 24, el tercero 20 y el cuarto 18. Los equipos que se quedaron en la fase de grupos percibirán 8 millones de dólares cada uno. La FIFA otorgará la suma total de 420 millones de dólares a las asociaciones participantes, así como a los clubes de los jugadores, lo que supone un aumento del 61 por ciento en comparación con los 261 millones que se abonaron en el Mundial de Alemania 2006.

También hay prima de la RFEF
Las Federaciones nacionales destinan sus propios premios en metálico para sus jugadores, que en el caso de España se elevan a 600.000 euros si regresan con el título, según revelaron diversos grupos parlamentarios.
Bastante menos cobrarían los alemanes por conquistar la Copa FIFA: 250.000 euros.


LINK:

O Presidente francês, Nicolas Sarkozy, anulou um encontro agendado com organizações não-governamentais de desenvolvimento, antes da cimeira do G20, para receber o futebolista Thierry Henry.

A selecção francesa foi eliminada na primeira fase do Mundial 2010
(Foto: Charles Platiau/Reuters)

"Para o Presidente da República, receber um futebolista é mais importante do que a situação de 3000 milhões de pobres nos países em desenvolvimento. É um sinal muito mau para a política de cooperação da França", indignou-se Jean-Louis Vielajus, presidente da Coordenação do Sul, que agrega as organizações não-governamentais (ONG) francesas de solidariedade internacional.

Aquelas ONG recusaram a realização de uma reunião com membros do Governo em substituição da reunião prevista com o Presidente de França, que irá encontrar-se com Thierry Henry, um dos "capitães" da selecção gaulesa, eliminada do Mundial da África do Sul na primeira fase da competição.

As ONG foram inicialmente "convidadas pelo Presidente Nicolas Sarkozy para, às 11h00 de hoje [10h00 em Lisboa], debater as posições francesas no G8 e no G20", indicou Jean-Louis Vielajus.

Ontem, "foram informadas de que essa reunião se realizaria com o ministro dos Negócios Estrangeiros, Bernard Kouchner, e com o secretário de Estado da Cooperação, Alain Joyandet, porque a agenda do Presidente estava preenchida. Obviamente que os responsáveis das ONG aceitaram esta alteração", acrescentou.

"As ONG souberam depois que o Presidente Sarkozy iria receber Thierry Henry. Ao tomarem conhecimento dessa ordem de prioridades, as ONG de desenvolvimento decidiram não participar na reunião com os senhores Kouchner e Joyandet", sublinhou o presidente da Coordenação do Sul.

Nicolas Sarkozy presidiu ontem a uma reunião de trabalho sobre os problemas no seio da equipa francesa de futebol durante o Mundial 2010, com a presença do ministro responsável pelo Desporto, marcando a sua vontade de tomar em mãos o "dossier" do futebol francês