domingo, 11 de julio de 2010

Festa da Roxa na Arousa



Si... hoxe é a I Festa da Ameixa Roxa.

Previsto hai meses, no verán as fins de semana arousanas contan-se por festas, e salvo as patronais do Carme, as demáis van ligadas ao financiamento dos clubes deportivos: o Céltiga de futbol, o clube de baloncesto Dorna, o clube Illa de Arousa de piragüismo, xadrez, etc. Festas do Mexilhón, da Navalha, do Polbo, «Festa do Mar»....

Agora a Festa da Roxa ou Encarnada, neste caso os beneficios irán para a ximnasia rítmica. Integrado por un cento de raparigas, e umha década de historia, o clube acadou diversos premios galegos (catro titulos no último campeonato autonómico), e é o único clube galego que saíu a competicións do resto do estado (Valencia, Ovieu, Zaragoza, Huelva...).

A festa é no paseo marítimo do Xufre, ofrece prezos por ración entre os tres e nove euros, con ameixas preparadas de catro xeitos, e outros productos como zamburinhas, sardinhas, etc.

Bo proveito!

1 comentario:

  1. e é o único clube galego que saíu a competicións do resto do estado?????
    Estás seguro do que estás dicindo??

    ResponderEliminar