miércoles, 7 de julio de 2010

Alemania, o equipo máis mestizo do Mundial

Dicía Eduardo Galeano, falando das seleccións, que a mestizaxe é boa no futbol e na vida. A Francia do 98 era un exemplo de diversidade... cando ía ben, claro. Despois deste Mundial, algúns aproveitaron para dicir que por esa mestizaxe tinhan intereses diversos e por iso non se entendían (cita *link).

Hoxe hai varias seleccións mestizas, e concretamente as semifinalistas son bastante: a holandesa, a uruguaia ... a espanhola... Si, tamén; desde logo aí xogan filhos de asturianos, vascos, cataláns, andaluces ou canarios, e algún de galegos -posibelmente máis en Uruguai-.



Apostaría a que a maioría fala entre si en castelán, pero tamén hai falantes de euskera, catalán e asturiano. Non sei se dá para conformar umha estratexia, coma os paraguaios en guaraní, ou os do Athletic a quenes Caparrós insiste para falaren vasco.

En todo caso parece que a selección máis diversa en orixes é a teutona, con 11 xogadores filhos de extranxeiros ou que eles mesmos naceron fóra de territorio teutón: Mario Gómez do Bayern Munich ten aos avós en Granada, Dennis Aogo, do Hamburgo SV, é de orixe nixeriana, Jerome Boateng (tamén do Hamburgo SV) en Ghana, Cacau (VfB Stuttgart) do Brasil, Mesut Özil (Werder Bremen) e Serdar Tasci (VfB Stuttgart) de Turquía, Miroslav Klose (Bayern Múnich), Piotr Trochowski (Hamburgo SV)Polonia) e Lukas Podolski (FC Colonia) de Polonia, Sami Khedira (VfB Stuttgart) de Túnez, e Marko Marin (Werder Bremen) de Bosnia-Herzegovina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario