miércoles, 7 de julio de 2010

Villa e as celebracións



Marca quixo polemizar sobre o incómodo que resultan as celebración de Villa como "pase torero" en Barcelona, e hai quen cuestiona a nova e critica ao diario madrilenho. Pouco antes os de As enrolaran a Torres na bandeira co logo de Osborne. O rapaz (vamos, Elninho) farfulhou algo sobre se ía quedar ben, con toda a polémica dos taurinos (-si, ya verás... ). Sen entrar no gusto da bandeira, a foto en si parece-me umha cagada, pero o fotógrafo estaba hyper-orgulhoso "-Ésta va a ser la polla, la polla!". Entrevistado Villa en Cuatro, dixo que non era taurino en absoluto, pero que prometera esa celebración.

Parece que Villa primeiro celebra os goles e logo cumple a promesa. O que non dixo é se iso era parte do contrato coa Macdonalds, da federación, ou se é umha homenaxe a Luis Enrique, tamén asturiano, sportinguista e culé. Ben visto, non se sabe ben se logo de marcar o de Tuilla está a facer non-sei-que-pase ou escanciando sidra. Clásica é xa a homenaxe de Iván Kaviedes no pasado Mundial, un de tantos fitos desde o innovador Milla bailando en Italia'90.

Algún outro xogador saíu en spots de hamburguesas, e Marca tamén se podía perguntar se ofenderá aos seareiros vexetarianos. Ou se Benzemá ou Pandiani son colegas de Heston e a NRA.

A algúns custa-lhes máis imaxinar a futbolistas, mesmo a calqueira deportista de élite que compita sendo vexetariano, que a umha banda de aliens, pero en realidade non é tan raro. Carl Lewis foi vexetariano estricto mentras competía, e de Edwin Moses a Stoudamire, de Navratilova a Viswanat Anand a lista de deportistas vexetarianos vai de Mr. Olympia a Iron-mans.

Tamén hai futbolistas vexetarianos, e de feito en tempo de competición todos son case-vexetarianos, pois a base nutritiva que melhor resultado dá segundo varios estudios son os hidratos de carbono, e básicamente a dieta combina pastas con ensalada e frutas. Claro que noutra banda están os charrúas, que despois das victorias daban conta dun asado uruguaio.

Vexetarianos tamén fóra da competición foron o futbolista escocés John Spencer, todo-campista da Premier, e pioneiro en Asia e na MLS (a NBA do soccer), ou Roberto Baggio, converso ao budismo desde que se recuperara da lesión, e actual embaixador da FAO. Tamén vexetariano, o canadiense Dwayne de Rosario, companheiro de De Guzman no Toronto da MLS, All-Star e fixo no 11 da selección canadiense, ten un orixinal xeito de celebrar os goles, coma umha garza bailando reagge. O que non sabemos é se ten as celebracións comprometidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario