
Vía http://www.monikamdq.com.ar/2010/07/momento-emocionante-del-final-la-copa.html





• Tamén que na conta particular de mundiais, Europa leva 10 contando éste, e América 9. Uruguai quedou fóra, con pundonor e moita permisividade hacia os holandeses do árbitro uzbeco. Uruguai non está na final, pero quén está? Holanda? Países Baixos? A ONU recomenda desde hai 60 anos usar o topónimo orixinario no que sexa posíbel. Neste caso:

"Para mí eso es maltrato animal y debería estar prohibido", confesó. El dueño de la bandera también rió cuando la vio enfrentada a un toro, pero Daniel Marín luego reflexionó y se molesto un poco de que se use un símbolo de la catástrofe para echar la talla. El obrero también condena el maltrato animal, porque le da pena la cara de los toritos que son usados para la diversión de unos tontos.
Na prensa de varios países recorreron aos mesmos lugares comúns: nas de Chile, de Portugal, de Espanha, de Paraguai, de Alemania... O diario AS sacou en portada a imaxe dos xogadores de Espanha a celebrar o triunfo ante Portugal co texto "TOREROS" en portada. Curioso despois ver a varios dese xornal criticar e insultar á prensa catalana dicindo que as súas portadas son "integradoras". 3 de cada 4 espanhois non ten absolutamente ningún interese nas touradas. Máis de 8 de cada dez rapaces da idade dos xogadores da selección está en contra das corridas de touros. Menudo xeito de integrar. Un dos argumentos dos taurinos para soster as touradas é que as van ver os guiris. Moitos deles pensan que van ver o toureiro danzar arredor do touro, e saen asqueados do que acaban de ver. Claro que para un taurino vale un argumento e o contrario: Que eles din que non se fale da dor dos touros porque son animáis e non hai que personificar ... pero logo saturan-nos coa "nobleza del toro", etc. Que o touro non sofre dor, por un nivel de estrés que bloquea os transmisores... e sae o colexio de veterinarios ameazando denuncia? Nada, nada, que os cojones que ten o touro, que tanto lhe doe e aínda así embiste... e xa está.
Aos poucos días de comezar o Mundial deixou-nos José Saramago, o Nobel portugués e iberista (aínda que non vivía na Península Ibérica e seguramente tinha menos sangue íbera do que un latino de Honduras sangue do Imperio Romano). Era afecionado ao futbol -que tal vez desde Borges non está en guerra con ser literato- e a seleción xogou con brazalete negro, xesto que a súa filha agradeceu. O Vaticano non esperou a que enfriase o corpo para falar pestes del... Igual debían ser un pouco máis comedidos tendo en conta que ás veces tardan séculos en se desculpar. Será que tenhen moitos terabytes que non dan revisado a información. Estes días saíu a nova -non moi comentada- de que ao futbol xogaban os guaranís algún século antes que os ingleses, segundo documentos da Igrexa.


A algúns custa-lhes máis imaxinar a futbolistas, mesmo a calqueira deportista de élite que compita sendo vexetariano, que a umha banda de aliens, pero en realidade non é tan raro. Carl Lewis foi vexetariano estricto mentras competía, e de Edwin Moses a Stoudamire, de Navratilova a Viswanat Anand a lista de deportistas vexetarianos vai de Mr. Olympia a Iron-mans. 
